Tuesday 07 de May de 2024

A Xunta inviste máis de un millón de euros en diferentes actuacións paisaxístas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca de Ferrol


A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo financia este tipo de traballos con cargo ás ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor comprobou a utilidade da orden de axudas do Fondo de Compensación Ambiental que lle permitiu a renovación de todas as luminarias, por focos led máis eficientes, na AC-566 cunha axuda da orde de Compensación Ambiental da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo. Esta actuación, xunto con varias accións de limpeza e recuperación de espazos naturais do Concello, contaron cunha achega da Xunta de máis de 33.000 euros.
Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través das ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas repartiuse máis dun millón de euros en 18 proxectos na comarca de Ferrol nos concellos de Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Ferrol, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, Mañón, Monfero, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño..
Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
O delegado da Xunta puntualizou que “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial, polo que son de gran utilidade para os concellos”.